Volver

REDONDELA EN CURTO

post
Ver más imagenes

Un ano máis o centro foi invitado a participar como xuíces na sección Andaina dentro do festival Redondela en Curto. Os nosos alumnos tiveron que elixir a que máis lles gustou entre as catro curtas que miraron, todas elas relacionadas coa diversidade funcional.

Logo das curtametraxes veu o momento  da charla con Francisco Díaz Fontenla, que nos deu unha lección en directo de alegría e ganas de vivir. Practicante de Eslalon en cadeira de rodas e de Boccia, deporte parecido á petanca.

Como tamén pertence ao proxecto Fundación Celta Integra, sortearon unhas camisetas do Celta e dous dos nosos alumnos foron os agraciados.