Volver

FESTAS ESCOLARES 2018

post
Ver más imagenes

O pasado día 30 de maio comezaron as tradicionais festas escolares no Colegio Vigo nunha activa mañá de deportes para os nenos e nenas de Infantil ata terceiro de Primaria. Durante a tarde do mesmo día e na xornada do venres continuaron as competicións deportivas para o resto dos cursos, onde, entre outros, asistimos a encontros de fútbol, ping-pong, volei-ball, maratóns, baloncesto, etc. entre alumnos e tamén profesores.  Os máis pequenos gozaron cos inchables e múltiples xogos adaptados a súa idade. Este ano os patios tinguíronse de catro cores que serían representativas dos equipos participantes. O equipo gañador nesta edición foi o azul.

As festas remataron co 47º Festival do centro e este ano foi especialmente emotivo e entrañable pois celebramos os 50 anos do noso cole. As actuacións do festival xiraron entorno aos anos 60 rememorando os inicios do centro alá polo 1968. Por este motivo ambientouse tamén un recuncho na entrada do Colexio emulando unha das primeiras aulas e que logrou transportarnos no tempo retrocedendo un cantos anos.