O alcalde de Redondela, Xavier Bas, xunto con dous dos seus concelleiros, Xulio Mougán, exalumno do noso Colexio, e María del Carmen Amoedo, acudiron ao noso Centro a presentar o Plan de Xuventude. Actividades e obradoiros para a mocidade. Unha alternativa lúdica e comprometida co deporte e a cultura urbana para os rapaces que queiran achegarse ata determinados puntos do concello, tanto en Chapela como no propio centro de Redondela.
O Alcalde amosouse moi cercano e respondeu a todas as preguntas que se lle plantexaron. Repartiron folletos para que os rapaces poidan ir planificando as actividades durante as próximas vacacións do Nadal.
