Volver

Plan de Xuventude. Actividades e obradoiros para a mocidade

post
Ver más imagenes

O alcalde de Redondela, Xavier Bas, xunto con dous dos seus concelleiros, Xulio Mougán, exalumno do noso Colexio, e María del Carmen Amoedo, acudiron ao noso Centro a presentar o Plan de Xuventude. Actividades e obradoiros para a mocidade. Unha alternativa lúdica e comprometida co deporte e a cultura urbana para os rapaces que queiran achegarse ata determinados puntos do concello, tanto en Chapela como no propio centro de Redondela.

O Alcalde amosouse moi cercano e respondeu a todas as preguntas que se lle plantexaron. Repartiron folletos para que os rapaces poidan ir planificando as actividades durante as próximas vacacións do Nadal.

Esta web utiliza cookies para obtener datos estadísticos de la navegación de sus usuarios. Si continúas navegando consideramos que aceptas su uso. Más información. Aceptar