Volver

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA 2021

post

O xoves 18 e con motivo da conmemoración do Día

Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 2021, o

alumnado de Educación Infantil, Primaria e

Secundaria participou nunhas charlas con mulleres

científicas que exercen o seu oficio na actualidade.

O evento organizado por Faro de Vigo, contou coa

presenza como convidadas de dúas investigadoras do

IIM, Marta López Cabo e Eva Balsa-Canto, e con

Luisa Martínez, responsable da Unidade de Cultura

Científica do CSIC en Galicia, que actuou como

moderadora. Empezaron falando un pouco do que

pensaban cando eran pequenas, o que lles gustaba

facer, por que querían ser científicas e as

dificultades que se atoparon para chegar ao posto

que ocupan na actualidade. Logo tivemos a

oportunidade de facerlle algunhas preguntas sobre o

seu traballo e experiencias persoais. Foi unha

experiencia moi gratificante.

Na ligazón da

biblioteca que che deixamos aquí abaixo atoparás

máis información e fotos do evento.

LIGAZÓN DA BIBLIOTECA COLEGIO VIGO