Continuamos coas charlas sobre posibles saídas laborais achegando ao alumnado, neste caso, ao mundo do deporte. O crecente interese por ciclos superiores e graos universitarios deportivos motivou que invitáramos a Alex Álvarez, preparador físico do equipo de fútbol de Valadares e adestrador persoal, e a Rodrigo Ferraz, bombeiro do parque de Ponteareas.
Rodigo falounos do seu día a día, de como se preparan unhas oposicións e das cousas boas e malas dun traballo como o de bombeiro.
Alex explicounos a importancia de actualizarse e seguir formándose unha vez rematados os estudos. No seu caso, traballa facendo programas específicos para readaptacións físicas despois de lesións.
Os dous nos ensinaron o valor de perseverar, de seguir aprendendo e de dar o máximo de nós mesmos cando temos un obxectivo claro.
¡Moitas grazas polo voso tempo!