O pasado 15 de xaneiro acudimos á Cidade da Xustiza baixo o programa Educar en xustiza, co que se propón achegar aos estudantes o funcionamento da Xustiza e o papel de cada unha das personas que forman parte dela.
Asistimos a varios xuízos, nalgúns deles os acusados estaban en conformidade coa sentencia, e tiñan reducción de pena. (Estafa, roubo reincidente nun coñecido supermercado, violación da pena de permanencia no domicilio...). Pero asistimos a un no que non había conformidade, o acusado viña de prisión por conducción temeraria con varios policías de testemuña.
A experiencia foi fabulosa, os alumnos aprenderon en directo as consecuencias de infrinxir as leis e como funciona a nosa xustiza.
