No marco da Semana da Ciencia, o luns día 2 de novembro levamos ó alumnado de primeiro e segundo de bacharelato ó CUVI, concretamente, á Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía e á Escola de Enxeñaría Industrial. Na primeira, asistiron a dúas demostracións experimentais: unha sobre a difracción da luz e outra sobre a combustión. Na Escola de Enxeñaría Industrial, visitaron o laboratorio de Mecánica de Medios Continuos e Estruturas, onde presenciaron un ensaio de fatiga de materiais. Tamén nos atopamos con dous antigos alumnos do centro, que agora cursan estudos nestas institucións. É moi probable que algúns dos nosos estudantes actuais tamén vaian estudar alí unha vez rematen o bacharelato.






