ESCAPE ROOM 2º ED. PRIMARIA

2 November, 2026

🎃🕸️ Rematamos a semana en 2.º de EP cunha nova aventura terrorificamente divertida! 👻
O malvado Sombrío secuestrou a Pandi e tiñamos unha misión moi importante: rescatalo! 🐼🔐
Para conseguilo, mergullámonos nun emocionante Escape Room de Samaín, superando diferentes probas, resolvendo enigmas, descubrindo pistas e facendo algunha que outra manualidade. 🧩✂️
E conseguímolo! 💪 Atopamos o código secreto, logramos liberar a Pandi e, como recompensa pola nosa gran fazaña, levamos unha merecida sorpresa. 🎁
Que ben o pasamos aprendendo, creando e traballando en equipo! ❤️
🎃 Así dá gusto rematar a semana! 👻
#Samaín #EscapeRoom #AprenderXogando #SegundoDePrimaria #TraballoEnEquipo #AventuraNoCole

Related Posts

INTRÉPIDOS INVESTIGADORES: ORIENTACIÓN A CEO ABERTO
O alumnado de 4°, os intrépidos investigadores, vestiron as súas capas vermellas para aprender a orientarse, identificando os puntos cardinais unicamente coa axuda do  seu…
Read More
1º E 2º DA ESO NA SEMANA DO CINE SUBMARINO EN AFUNDACIÓN
Os alumnos de 1° e 2° da ESO acudiron ao Auditorio de Afundación para gozar da Semana do Cine Submarino. Baleas, lampreas, chocos, polbos e…
Read More
1º ESO RECIBE UNHA MASTERCLASS SOBRE BÁDMINTON
O luns 2 de novembro o profesor Jorge García veu ao noso cole a dar unha masterclass de bádminton ós alumnos de 1° da ESO.…
Read More
1º E 2º DE BACHARELATO VISITA O CUVI NA SEMANA DA CIENCIA
No marco da Semana da Ciencia, o luns día 2 de novembro levamos ó alumnado de primeiro e segundo de bacharelato ó CUVI, concretamente, á…
Read More
SAMAÍN: MAXIA E DIVERSIÓN
🧙‍♀️🧹 O Samaín chegou ao cole cheo de maxia e diversión! Os nenos e nenas sorprendéronnos coas súas terroríficas cabazas e vasoiras, botando a voar…
Read More