Os alumnos de 1° e 2° da ESO acudiron ao Auditorio de Afundación para gozar da Semana do Cine Submarino. Baleas, lampreas, chocos, polbos e crustáceos foron aparecendo na pantalla para que coñecésemos a súa vida, reprodución e como debemos actuar no futuro se non queremos que desaparezan algunhas especies. Unha mensaxe clara: Coidemos o planeta!






