O pasado venres 6 de novembro viaxamos á cidade de A Coruña con 3º e 4º da ESO e 1º GM Instalacións para visitar o Museo Nacional de Ciencia y Tecnología (MUNCyT). Chegamos ás 11:00 h, visitamos a Torre de Hércules e ás 12:00 entramos no MUNCYT. Dous guías do museo dividiron o grupo por cursos e amosáronnos as partes mais senlleiras da exposición permanente: máquinas de vapor, aviación e rudimentarios aparellos dos albores da ciencia e enxeñería, así como mostras do desenvolvemento tecnolóxico dende principios do século XX ata os nosos días. O alumnado tamén participou nun obradoiro de electricidade, no que tiveron que montar varios circuitos, entre eles unha radio.
Despois xantamos no centro comercial Marineda. A visita foi de moito interese, pola variedade dos temas vistos e por ter un alto grado de participación por parte do alumnado, especialmente no MUNCYT.









