Durante a Semana da Ciencia, o alumnado de Primaria converteuse en auténtico equipo de científicos e científicas, explorando, investigando e aprendendo dun xeito moi especial.
🔍 A través do microscopio observaron de preto unha raíz dunha planta e órganos como un pulmón e un ril de porco, descubrindo así detalles sorprendentes do mundo que nos rodea.
🕶️ Voaron coa imaxinación grazas ás gafas de realidade virtual, puxeron a proba o seu enxeño co tangram magnético, descubriron curiosidades sobre os imáns e mesmo se converteron en pequenos programadores e programadoras, conseguindo que un mini robot viaxase por diferentes recunchos do planeta. 🤖🌍
Porque aprender ciencia é tamén preguntar, experimentar, descubrir e, sobre todo, divertirse! 💡
#SemanaDaCiencia #ColegioVigo #CienciaNaEscola #AprenderExperimentando #EducaciónPrimaria






