Esta mañá, o alumnado de Educación Infantil viviu unha experiencia moi especial coñecendo os cabalos e o poni dun compañeiro. 🥰
Aprendemos como se coidan, que comen, acariciámolos e ata demos un pequeno paseo en poni que nos encantou!🎠 Ademais, Manu e a súa familia ensinaronnos como durmen. 🥕🐴 Todo iso entre xogos, adiviñas e moitos sorrisos! 😍
Despois, repoñemos forzas cunha rica merenda 🥪🍎 e desfrutamos xogando no Torreiro de Santiaguiño. 🌳
Para rematar, entregámoslle á familia de Manu uns agasallos feitos con moito agarimo. 🎁💝
Grazas de corazón por compartir con nós esta experiencia e regalarnos unha mañá tan bonita! 🙌💙
#EducaciónInfantil #Excursións #AprendendoNaNatureza #ExperienciasQueEnsinan🌿🐴 Unha mañá entre cabalos, ponis e sorrisos!🐎💚




6 November, 2026





