23 de novembro.
A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, presidiu este pleno tan especial cos representantes de todos os colexios da contorna, acompañada, ademais, pola delegada de UNICEF en Galicia.
Os nosos representantes, César e Saray, de 1.º da ESO, propuxeron melloras e innovacións para que os responsables do Concello poidan tomar nota delas e levalas a cabo.
Foi unha experiencia moi enriquecedora para os rapaces e unha forma de conciencialos sobre a importancia de participar na vida municipal e de implicarse nas decisións que afectan á súa contorna.






