O pasado 20 de novembro celebramos no noso cole o Día Mundial da Infancia, unha data moi especial para lembrar que todos os nenos e nenas teñen dereitos que deben ser coñecidos, respectados e protexidos.
Para conmemorar este día, elaboramos un vídeo moi especial no que participou todo o alumnado, desde Infantil ata 6.º de Primaria. Cada clase foi a encargada de presentar e explicar un dos dereitos fundamentais da infancia, achegándonos un pouquiño máis á importancia de coñecelos e defendelos.
Porque todos os nenos e nenas teñen dereito a medrar felices, a recibir educación, a xogar, a ser escoitados, a vivir seguros e, sobre todo, a ter unha infancia chea de oportunidades.
💙 Os dereitos da infancia son cousa de todos e todas. Coñecelos é o primeiro paso para respectalos e facelos realidade!
Aquí vos deixamos o noso vídeo. Agardamos que vos guste!







