O mércores 18 de novembro, o alumnado de 1° de Bach acudiu á Cidade da Xustiza e asistiu a unha sesión de xuízos no Xulgado do Penal. O Xuíz e a Fiscal foron explicándolles os procedementos e como tiñan que actuar para tomar as súas decisións. Foi unha visita interesantísima na que o alumnado sempre quere repetir. Seguro que algún fai carreira de Dereito despois desta experiencia.






