Hoxe, 25 de novembro, todo o colexio construímos xuntos un muro diferente: un muro feito de palabras bonitas.
Cada persoa, desde Infantil ata os ciclos formativos, escribiu nun ladrillo unha palabra ou unha frase positiva: respecto, axuda, amizade, empatía, confianza, igualdade… Cada ladrillo sostén aos demais, e entre todos levantamos un espazo onde cabemos todas as persoas.
Porque o bo trato non é cousa dun día: constrúese cada día, con cada xesto.
Grazas ao alumnado e ao profesorado por poñer o seu ladrillo. 💜






