PATIOS DINÁMICOS NO COLEGIO VIGO

20 February, 2019

PATIOS DINÁMICOS NO COLEGIO VIGO

Alumnado e profesorado do Colexio Vigo participan dende a primeira semana do mes de febreiro no programa Patios Dinámicos. Esta iniciativa, creada por Gey Lagar formadora deste equipo de profesores, consiste en que, polo menos, un día á semana o patio do recreo do centro sexa diferente; o alumnado e docentes son os mesmos pero a dinámica e organización  do xogo muda. É así como os mércores, os rapaces e rapazas, desde Infantil ata segundo curso da ESO, organizados en grupos polo patio e dirixidos por un Coordinador de Xogo, que vai variando ao longo das semanas, poden escoller voluntariamente entre diferentes e divertidos tipos de xogo facendo do tempo de recreo un momento divertido, onde todos os nenos e nenas teñen cabida.

A finalidade única que se busca coa posta en marcha deste proxecto é conseguir que o alumnado goce do tempo de ocio promovendo a inclusión daquel alumnado que polo motivo que sexa lle custe máis xogar, aumentando así a socialización a través do xogo. O obxectivo non é o xogo correcto, se non o xogo polo xogo, a ilusión de gozar dun momento compartido.

Trátase en fin dun programa inclusivo mediante  o cal os nenos e nenas en xeral, sexa cal sexa a súa condición persoal, aprendan a xogar xuntos, a respectar a diversidade, a ser quen de resolver os conflitos que poidan xurdir mediante xestores de xogo (serán os mesmos alumnos e alumnas), previr o acoso escolar e en definitiva pasar un rato divertido todos xuntos.

 

Ver más imágenes

Related Posts

2º BACHARELATO VISITA A FEIRA DE UNIVERSIDADES UNITOUR
O xoves 19 de novembro o alumnado de 2º de Bacharelato visitou a Feira de Universidades UNITOUR celebrado no Auditorio Mar de Vigo. Como cada…
Read More
1º BACH VISITAN A CIDADE DA XUSTIZA DE VIGO
O mércores 18 de novembro, o alumnado de 1° de Bach acudiu á Cidade da Xustiza e asistiu a unha sesión de xuízos no Xulgado…
Read More
AS CLASES DE FILOSOFÍA EN 2º DE BACHARELATO
Os alumnos de 2° de Bacharelato fixeron un xuízo entre a fe e a razón e representaron un debate entre Aristóteles e Santo Tomé de…
Read More
🍂🌰 CELEBRAMOS O MAGOSTO NO NOSO CENTRO! 🌰🍂
Un ano máis, celebramos no noso centro unha das tradicións máis arraigadas do outono galego: o Magosto. Aínda que o tempo non acompañou todo o…
Read More
FESTIVAL IN-IGUALABLES
Unha xornada máis aprendendo a ver a vida con outra mirada, a mirada que nos inclúe a TODOS. Grazas a Asociación Andaina por invitarnos ao…
Read More
CICLO MEDIO DE ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS NO KARTÓDROMO DE VALGA
O alumnado do Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos gozou dunha mañá diferente no Kartódromo de Valga. Unha xornada de lecer, diversión e convivencia para…
Read More