

A primavera inspíranos a facer actividades ao aire libre. E por iso, os alumnos e alumnas de 2º EP saímos a plantar tomates, pementos e cabaciñas: Unha forma de aprender a través da experiencia, promover a conciencia e coidado polo medio ambiente e potenciar o traballo cooperativo. Agora só toca esperar e que sintan recompensados os seus esforzos cando vexan a súas plantiñas nacer.





