Instrucións 3ºTrimestre e Fin de Curso

Estimadas familias,

Antes de nada desexamos de corazón  que sigades ben de saúde.

Informamos nesta mensaxe sobre o desenvolvemento da terceira avaliación e este final de curso tan excepcional.

A partir do 25 de maio, segundo as últimas instrucións da Xunta, só os cursos de 2ºde Bacharelato e 2º de Ciclo Medio poderán volver ás aulas de xeito voluntario. No resto dos cursos, continuaremos co reforzo de aprendizaxes imprescindibles en competencias básicas mediante actividades de recuperación, repaso e reforzo da materia dada ata o 19 de xuño. Nalgunhas materias iremos vendo un pouquiño aqueles contidos máis importantes  que podemos avanzar sen dificultade, de forma moi sinxela.  Esta materia  volverase a explicar o vindeiro curso, soamente é para que lles soen un pouco os contidos.

O sistema de avaliación  basearese na media entre a primeira e a segunda avaliación e as actividades levadas a cabo de forma non presencial avaliaranse sempre de forma positiva.

En canto ao sistema de recuperación, enviámosvos a metodoloxía e os docentes poranse en contacto con aquel alumnado que teña materias pendentes para concretar o modo no que pode recuperalas. Esta metodoloxía tamén estará publicada na páxina web do Centro (blogs educativos).

O alumnado que promocione con materias pendentes poderá pasar de curso pero terá que recuperar o vindeiro curso escolar mediante un plan específico de recuperación.

Manterémovos informados das novas que vaian xurdindo. Desde o Colegio Vigo queremos tranquilizarvos dicindo que temos moi en conta a traxectoria do alumnado desde o comezo de curso e por suposto as circunstancias de cada familia, pois nos consta que por múltiples motivos non contamos por igual cos mesmos recursos para afrontar a educación a distancia.

Sen máis, recibide toda a nosa forza e cariño para superar estes momentos.

Moito ánimo!

También te puede interesar

CAMPAMENTO 2025-2026
7 días en O Grove… e sobrevivimos para contalo!  Durante unha semana cambiamos as aulas polo mar, as cadeiras polos kayaks e os horarios normais…
Leer Más
XOGOS ESCOLARES E FESTIVAL FIN DE CURSO
Así poñemos o broche final ás nosas festas escolares! A última xornada estivo repleta de diversión, emoción e momentos para recordar. Comezamos a mañá disfrutando…
Leer Más
5º XORNADA DE SUPERHEROÍNAS E SUPERHEROES FUNDACIÓN LA NINETA
Este ano convertémonos en superheroes do futuro participando na 5ª Xornada das Superheroínas e Superheroes da Fundación La Nineta dels Ulls. Co noso mural “A…
Leer Más
COLLEITA FINAL NA NOSA HORTA ESCOLAR!
Hoxe é un día moi especial na nosa aula! Os nosos pequenos e pequenas agricultores e agricultoras de 2º de Primaria recolleron por fin os froitos…
Leer Más
CEREMONIA DE GRADUACIÓN 4º ESO Y 2º DE BACHILLERATO
El pasado viernes 5 de junio celebramos una tarde llena de emociones y despedidas en la que nuestros alumnos y alumnas de 4º de la…
Leer Más
PRUEBAS PAU 2026
En nombre de todo el profesorado queremos felicitar a nuestro alumnado de 2º de Bachillerato por sus buenos resultados en las pruebas PAU. El esfuerzo…
Leer Más