Nuevas medidas prevención específicas Covid-19. Aforos en acti

Nuevas medidas prevención específicas Covid-19. Aforos en actividades de tiempo libre y actos académicos a 31 de mayo de 2021.

 

 

ACTOS Y REUNIONES CENTROS EDUCATIVOS:

3.14. Realización de actos e reunións laborais, institucionais, académicos ou profesionais.

A realización de actos e reunións laborais, institucionais, académicos, profesionais, sindicais, de representación de traballadores e administrativos, actividades en centros universitarios, educativos, de formación e ocupacionais poderanse levar a cabo sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamento, ben que se recomenda que se realicen de forma telemática sempre que sexa posible.

Nos concellos enumerados nas letras A e B do anexo II da presente orde, na realización dos citados actos non se poderá superar o cincuenta por cento da capacidade autorizada do local. En calquera caso, deberase respectar un máximo de 75 persoas para lugares pechados e de 150 persoas se se trata de actividades ao aire libre.

Nos concellos enumerados na letra C e D do anexo II da presente orde, nas ditas actividades non se poderá superar o setenta e cinco por cento da capacidade autorizada do local e, en todo caso, deberase respectar un máximo de 150 persoas para lugares pechados e de 300 persoas se se trata de actividades ao aire libre.

Non obstante, poderase ampliar o límite indicado logo de autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública, atendendo ás concretas medidas organizativas e de seguridade propostas e aos riscos de contaxio. Neste caso, por solicitude dos titulares, promotores ou organizadores das actividades, públicos ou privados, deberá ir xunto cun plan de prevención de contaxios de acordo cos criterios sinalados no documento de recomendacións para eventos e actividades multitudinarias no contexto da nova normalidade pola COVID-19 en España, elaborado polo Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias da Dirección Xeral de Saúde Pública, Calidade e Innovación, do Ministerio de Sanidade, ou aqueloutros que o desenvolvan, modifiquen ou substitúan.

ACTIVIDADES DE TIEMPO LIBRE PARA POBLACIÓN INFANTIL Y JUVENIL:

3.26. Actividades de tempo libre dirixidas á poboación infantil e xuvenil.

Poderanse realizar actividades de tempo libre destinadas á poboación infantil e xuvenil cando estas se leven a cabo ao aire libre, sempre que se limite o número de participantes ao cincuenta por cento da súa capacidade máxima, cun máximo de cincuenta participantes, excluídos os monitores.

Cando estas actividades se realicen en espazos pechados, non se deberá superar o cincuenta por cento da capacidade máxima do recinto, cun máximo de vinte e cinco participantes, excluídos os monitores.

As actividades deberán realizarse no interior en grupos de ata seis persoas participantes e no exterior en grupos de dez participantes, sexan ou non conviventes e excluídos os monitores correspondentes, que deberán traballar sen contacto entre os demais grupos.

NORMATIVA DE REFERENCIA:

 

Más información

También te puede interesar

CAMPAMENTO 2025-2026
7 días en O Grove… e sobrevivimos para contalo!  Durante unha semana cambiamos as aulas polo mar, as cadeiras polos kayaks e os horarios normais…
Leer Más
XOGOS ESCOLARES E FESTIVAL FIN DE CURSO
Así poñemos o broche final ás nosas festas escolares! A última xornada estivo repleta de diversión, emoción e momentos para recordar. Comezamos a mañá disfrutando…
Leer Más
5º XORNADA DE SUPERHEROÍNAS E SUPERHEROES FUNDACIÓN LA NINETA
Este ano convertémonos en superheroes do futuro participando na 5ª Xornada das Superheroínas e Superheroes da Fundación La Nineta dels Ulls. Co noso mural “A…
Leer Más
COLLEITA FINAL NA NOSA HORTA ESCOLAR!
Hoxe é un día moi especial na nosa aula! Os nosos pequenos e pequenas agricultores e agricultoras de 2º de Primaria recolleron por fin os froitos…
Leer Más
CEREMONIA DE GRADUACIÓN 4º ESO Y 2º DE BACHILLERATO
El pasado viernes 5 de junio celebramos una tarde llena de emociones y despedidas en la que nuestros alumnos y alumnas de 4º de la…
Leer Más
PRUEBAS PAU 2026
En nombre de todo el profesorado queremos felicitar a nuestro alumnado de 2º de Bachillerato por sus buenos resultados en las pruebas PAU. El esfuerzo…
Leer Más