O MAGOSTO

13 noviembre, 2015

O pasado día venres 13 de novembro o noso colexio celebrou por todo o alto a festa do Magosto. Este ano o tempo acompañou e alumnos e profesores disfrutamos dunha preciosa mañá no patio na que, como non podía ser doutra forma, as castañas foron as protagonistas. Amenizamos a festa cun improvisado grupo folk composto por un gaiteiro, unha pandereteira e unha violinista, que puxeron a música ambiente para que o resto dos alumnos bailasen típicas cancións tradicionais. Asimesmo, parte dos integrantes da nosa comunidade escolar participaron no asado das castañas e en diversos xogos populares como as carreiras de sacos, o xogo da ra, relevos con castañas, os zancos, a comba…Mención especial para os cursos e profesores encargados da decoración tanto das aulas coma do porche de entrada, onde nos recibe cada mañá unha alegre castañeira.

O MAGOSTO

O MAGOSTO

O MAGOSTO

O MAGOSTO

O MAGOSTO

También te puede interesar

CAMPAMENTO 2025-2026
7 días en O Grove… e sobrevivimos para contalo!  Durante unha semana cambiamos as aulas polo mar, as cadeiras polos kayaks e os horarios normais…
Leer Más
XOGOS ESCOLARES E FESTIVAL FIN DE CURSO
Así poñemos o broche final ás nosas festas escolares! A última xornada estivo repleta de diversión, emoción e momentos para recordar. Comezamos a mañá disfrutando…
Leer Más
5º XORNADA DE SUPERHEROÍNAS E SUPERHEROES FUNDACIÓN LA NINETA
Este ano convertémonos en superheroes do futuro participando na 5ª Xornada das Superheroínas e Superheroes da Fundación La Nineta dels Ulls. Co noso mural “A…
Leer Más
COLLEITA FINAL NA NOSA HORTA ESCOLAR!
Hoxe é un día moi especial na nosa aula! Os nosos pequenos e pequenas agricultores e agricultoras de 2º de Primaria recolleron por fin os froitos…
Leer Más
CEREMONIA DE GRADUACIÓN 4º ESO Y 2º DE BACHILLERATO
El pasado viernes 5 de junio celebramos una tarde llena de emociones y despedidas en la que nuestros alumnos y alumnas de 4º de la…
Leer Más
PRUEBAS PAU 2026
En nombre de todo el profesorado queremos felicitar a nuestro alumnado de 2º de Bachillerato por sus buenos resultados en las pruebas PAU. El esfuerzo…
Leer Más