A semana pasada visitounos Félix López, técnico deportivo na especialidade de surf. Veu presentar aos nosos alumnos de 5º e 6º de Primaria, a ESO e 1º de BACH. esta modalidade deportiva que será deporte invitado nas próximas Olimpíadas: o Surf, e, en concreto, onde practicalo en Galicia.
Contounos como comezou a surfear aos 18 anos e que despois de traballar como electromecánico decidiu dar un xiro á súa vida e montar unha pequena empresa de tempo libre e dar clases de Surf.
Despois, xa no ximnasio, os rapaces puideron ver unhas táboas e os traxes de neopreno que se utilizan para practicar o deporte nas augas frías, tamén practicaron o equilibrio nunhas táboas de skate e o que más lles gustou foi a sensación de surfear sobre unha táboa de equilibrio.
Deixounos dúas ideas claras: a conexión que sente ao estar en contacto directo coa natureza e que cando tes un soño, tés que perseguilo





