SAMAÍN

7 November, 2016

O pasado 28 de outubro celebrouse no Colegio Vigo a tradicional festa do Samaín. Corredores e aulas foron decorados con terroríficos traballos, manualidades e cabazas realizados polo alumnado.

Primeiramente, alumnos e alumnas de infantil e primaria  visitaron a biblioteca para escoitar  unha historia de medo: “O capitán Troita” interpretada polos mestres Raúl e Alex. Máis tarde, no salón de actos, expuxéronse para todos os cursos as diferentes actuacións sobre a festividade. Así, comenzaron os alumnos de terceiro co seu mural sobre o Samaín, onde nos falaron da súa orixe, celebración e pratos tradicionais. A continuación, foi o turno de infantil bailando e interpretando a canción “Non teño medo.Tamén os alumnos de primeiro e segundo de primaria cantaron e bailaron “Tumba por ali…Tumba por ala…” . De seguido, os alumnos de cuarto e quinto contáronos as súas historias de medo. Para rematar a festa, sexto realizou unha pequena obra teatral.

 

 

Ver más imágenes

Related Posts

1º BACH VISITAN A CIDADE DA XUSTIZA DE VIGO
O mércores 18 de novembro, o alumnado de 1° de Bach acudiu á Cidade da Xustiza e asistiu a unha sesión de xuízos no Xulgado…
Read More
AS CLASES DE FILOSOFÍA EN 2º DE BACHARELATO
Os alumnos de 2° de Bacharelato fixeron un xuízo entre a fe e a razón e representaron un debate entre Aristóteles e Santo Tomé de…
Read More
🍂🌰 CELEBRAMOS O MAGOSTO NO NOSO CENTRO! 🌰🍂
Un ano máis, celebramos no noso centro unha das tradicións máis arraigadas do outono galego: o Magosto. Aínda que o tempo non acompañou todo o…
Read More
FESTIVAL IN-IGUALABLES
Unha xornada máis aprendendo a ver a vida con outra mirada, a mirada que nos inclúe a TODOS. Grazas a Asociación Andaina por invitarnos ao…
Read More
CICLO MEDIO DE ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS NO KARTÓDROMO DE VALGA
O alumnado do Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos gozou dunha mañá diferente no Kartódromo de Valga. Unha xornada de lecer, diversión e convivencia para…
Read More
A ESO ASISTE AO FESTIVAL IN-IGUALABLES DE ANDAINA EN REDONDELA
O luns 9 de novembro toda a ESO acudiu a Redondela ao festival IN – IGUALABLES promovido pola asociación ANDAINA de personas con diversidade funcional.…
Read More