O Magosto

14 November, 2016

Por fin chegou o Magosto ao Colegio Vigo! Para celebrar a popular festa das castañas,  alumnos e docentes  baixamos ao patio do colexio.  Os discentes encheron os seus portacastañas, elaborados por eles mesmos, para degustar este froito típico do outono, a vez que, xogaban, brincaban e bailaban coa tradicional música .

Tamén este ano lembramos os xogos tradicionais, Así  os maiores poideron disfrutar da carreira de sacos, comba e zancos. Os pequenos realizaron  xogos como: o circuito da castaña, onde tiñan que bordear uns conos cunha castaña enriba da cachola; salto da serpe, brincando dun lado a o outro sen tocar a corda ou o tira-tira, onde por equipos tiraban da corda para ver quen arrastaba o equipo contrario ata o seu lugar.

En difinitiva, pasamos unha mañá diferente e agradable co son da música, xogos e como non…  comendo castañas asadas ata fartar!

Ver más imágenes

Related Posts

2º BACHARELATO VISITA A FEIRA DE UNIVERSIDADES UNITOUR
O xoves 19 de novembro o alumnado de 2º de Bacharelato visitou a Feira de Universidades UNITOUR celebrado no Auditorio Mar de Vigo. Como cada…
Read More
1º BACH VISITAN A CIDADE DA XUSTIZA DE VIGO
O mércores 18 de novembro, o alumnado de 1° de Bach acudiu á Cidade da Xustiza e asistiu a unha sesión de xuízos no Xulgado…
Read More
AS CLASES DE FILOSOFÍA EN 2º DE BACHARELATO
Os alumnos de 2° de Bacharelato fixeron un xuízo entre a fe e a razón e representaron un debate entre Aristóteles e Santo Tomé de…
Read More
🍂🌰 CELEBRAMOS O MAGOSTO NO NOSO CENTRO! 🌰🍂
Un ano máis, celebramos no noso centro unha das tradicións máis arraigadas do outono galego: o Magosto. Aínda que o tempo non acompañou todo o…
Read More
FESTIVAL IN-IGUALABLES
Unha xornada máis aprendendo a ver a vida con outra mirada, a mirada que nos inclúe a TODOS. Grazas a Asociación Andaina por invitarnos ao…
Read More
CICLO MEDIO DE ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS NO KARTÓDROMO DE VALGA
O alumnado do Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos gozou dunha mañá diferente no Kartódromo de Valga. Unha xornada de lecer, diversión e convivencia para…
Read More