REPRESENTACIÓN DE TEATRO EN INGLÉS

21 marzo, 2019

O pasado venres, 15 de marzo, os alumnos de 4º da ESO e 1º de BACHARELATO, tiveron a ocasión de asistir á representación da obra  en inglés The Canterville Ghost, no teatro Salesianos de Vigo.

     A obra resultou ser unha entretida adaptación musical con tintes tanto góticos como cómicos, mais tamén con baile e coreografía que fixeron as delicias dos  alumnos, os cales seguiron con atención a representación e gozaron do espectáculo en todo momento, entendendo ben o argumento da obra. 

     A opinión final sobre a representación por parte dos asistentes foi positiva, valorando especialmente os actores e actrices, a coreografía e a música.

    Ao remate da obra tivo lugar un coloquio en inglés entre os actores e o público asistente.

     Esta experiencia tivo o dobre valor de motivalos na aprendizaxe do inglés e fomentar o interese por esta actividade cultural.

 

 

Ver más imágenes

También te puede interesar

CAMPAMENTO 2025-2026
7 días en O Grove… e sobrevivimos para contalo!  Durante unha semana cambiamos as aulas polo mar, as cadeiras polos kayaks e os horarios normais…
Leer Más
XOGOS ESCOLARES E FESTIVAL FIN DE CURSO
Así poñemos o broche final ás nosas festas escolares! A última xornada estivo repleta de diversión, emoción e momentos para recordar. Comezamos a mañá disfrutando…
Leer Más
5º XORNADA DE SUPERHEROÍNAS E SUPERHEROES FUNDACIÓN LA NINETA
Este ano convertémonos en superheroes do futuro participando na 5ª Xornada das Superheroínas e Superheroes da Fundación La Nineta dels Ulls. Co noso mural “A…
Leer Más
COLLEITA FINAL NA NOSA HORTA ESCOLAR!
Hoxe é un día moi especial na nosa aula! Os nosos pequenos e pequenas agricultores e agricultoras de 2º de Primaria recolleron por fin os froitos…
Leer Más
CEREMONIA DE GRADUACIÓN 4º ESO Y 2º DE BACHILLERATO
El pasado viernes 5 de junio celebramos una tarde llena de emociones y despedidas en la que nuestros alumnos y alumnas de 4º de la…
Leer Más
PRUEBAS PAU 2026
En nombre de todo el profesorado queremos felicitar a nuestro alumnado de 2º de Bachillerato por sus buenos resultados en las pruebas PAU. El esfuerzo…
Leer Más